Estas aquiParticipación Cidadá

Participación Cidadá


Día da Muller 2009

 

Organizamos un faladoiro con mulleres de moi diferentes ámbitos para tratar de burcar o fio conductor comun a todas elas.

 

 

Mercadiño de Troco

 

 

Xunto a Verdegaia, Amarante, Amigos da Terra e Sem un Cam, iniciamos esta actividade bi-mensual, os primeiros domingos de maio, xullo, setembro e novembro de 2009.

 

 

 

60 Aniversario Declaracións Dereitos Humáns

Con motivo da conmemoración desta data, o grupo local de Amnistia Internacional leva a cabo un acto público, no Edif. Simeon, de lectura dos artigos desta declaración, na que participaron persoeiros dos distintos ambitos sociais da nosa cidade.
En representación do movemento asociativo veciñal, tivemos a honra de ser convidados para a lectura do artigo num. 11
Noso agradecemento a Amnistia Internacional por fixarse en nos para participar en tan relevante evento.
 
UNHA FRASE:
".... as guerras seguiran mentras a coor da pel siga sendo mais importante que a coor dos ollos." (Bob Marley)

Voces Masculinas contras a Violencia de Xénero

Ourensans de diferentes sectores, xudicial, sindical, artistico, educativo, social, etc. leeron os seus manifestos pola creación dunha sociedade comprometida coa erradicación desta lacra social.

En representación do movemento asociativo veciñal, foi o noso colectivo o escollido para expresar o noso pensamento neste tema. Orgullosos e honrados de representar e ser referente, nestas cuestions, do movemento veciñal.

Consello Municipal da Muller

A pesares de non ser o noso colectivo unha asociación especificamente feminista, tivemos a honra de ser incluidos neste Consello Municipal, para colaborar na toma das suas decisions, e ir cumplindo un dos obxetivos sociais, que e a participación activa na vida social da cidade.

Novembro de 2008

Novos Dereitos da Cidadanía

Convidados pola Secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE, participamos na Casa da Xuventude, nun encontro con D. PEDRO ZEROLO, Secretario dos Movementos Sociais, donde tivemos a oportunidade de intercambiar, persoalmente, experiencias sociais.

Outubro de 2008

Expositor de Galerías de Imaxes

Colaboramos con: